miércoles, 11 de mayo de 2011

Video gañador do concurso CORRELINGUA 2011

Baixo a coordinación do Equipo de Dinamización
> Lingüística do centro e a colaboración do equipo da biblioteca do
> IES Fontem Albei gravouse este video que resultou gañador do
> Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma.
> O resultado podédelo ver en calquera destes enlaces:
>
> http://biblifonsa.blogspot.com/
> http://www.youtube.com/watch?v=JCgKj33IiHE
> http://www.youtube.com/watch?v=Hm5MJfBAAZg

CORRELINGUA 2001


Os nenos e nenas de infantil, 2º e 5º do colexio, participamos na xa, tradicional, marcha pola lingua.
Ánimo a todos e todas. Tedes toda a información en http://www.correlingua.org/

martes, 3 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

Lois Pereiro

Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.

Para traballar a figura e a obra do autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas pomo a vosa disposición as seguintes unidades didácticas mais unha serie de xogos e actividades en liña.

Actividades e xogos en liña
Unidades didácticas