lunes, 4 de abril de 2011

Camiño da lingua

O día 4 de abril, contamos cunha actividade para fomentar o uso da lingua Galega no centro, onde estivemos os rapaces e rapazas de 4º xogando a coñecer mellor Vigo.
Pasámolo moi ben.

Contacontos

O pasado xoves 31 de marzo, os rapaces e rapazas do colexio tivemos unha visita moi especial. Tratouse dunha parella de avós que viñeron contarnos historias coas que o pasamos xenial.
O avó Xosé, contounos historias de cando era pequeno, rímonos moito cos seus chistes e rematou falándonos da reconquista de Vigo.
Pola súa banda a avoa Laura, recitounos uns poemas que traía preparados para nós, e rematou cantándonos unhas panxoliñas.


Grazas aos dous !