martes, 21 de junio de 2011

PAPAVENTOS 2011

Un ano máis, no mes de Xuño e como despedida do curso escolar, dende a Equipo de Normalización e Dinamización Linguística editamos a revista PAPAVENTOS. Recolle traballos, saídas e conmemoracións de cada unha das nosas aulas.



lunes, 13 de junio de 2011

O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.

Obter Adobe Flash Player

miércoles, 11 de mayo de 2011

Video gañador do concurso CORRELINGUA 2011

Baixo a coordinación do Equipo de Dinamización
> Lingüística do centro e a colaboración do equipo da biblioteca do
> IES Fontem Albei gravouse este video que resultou gañador do
> Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma.
> O resultado podédelo ver en calquera destes enlaces:
>
> http://biblifonsa.blogspot.com/
> http://www.youtube.com/watch?v=JCgKj33IiHE
> http://www.youtube.com/watch?v=Hm5MJfBAAZg

CORRELINGUA 2001


Os nenos e nenas de infantil, 2º e 5º do colexio, participamos na xa, tradicional, marcha pola lingua.
Ánimo a todos e todas. Tedes toda a información en http://www.correlingua.org/

martes, 3 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

Lois Pereiro

Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.

Para traballar a figura e a obra do autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas pomo a vosa disposición as seguintes unidades didácticas mais unha serie de xogos e actividades en liña.

Actividades e xogos en liña
Unidades didácticas    

lunes, 4 de abril de 2011

Camiño da lingua

O día 4 de abril, contamos cunha actividade para fomentar o uso da lingua Galega no centro, onde estivemos os rapaces e rapazas de 4º xogando a coñecer mellor Vigo.
Pasámolo moi ben.

Contacontos

O pasado xoves 31 de marzo, os rapaces e rapazas do colexio tivemos unha visita moi especial. Tratouse dunha parella de avós que viñeron contarnos historias coas que o pasamos xenial.
O avó Xosé, contounos historias de cando era pequeno, rímonos moito cos seus chistes e rematou falándonos da reconquista de Vigo.
Pola súa banda a avoa Laura, recitounos uns poemas que traía preparados para nós, e rematou cantándonos unhas panxoliñas.


Grazas aos dous !

viernes, 18 de marzo de 2011

Toponimia de Beade

No enlace tedes o traballo feito polos nenos e nenas de Beade, que recolle os nomes das rúas da parroquia. Moi interesante.
Grazas a todos pola vosa colaboración.