lunes, 3 de diciembre de 2012

Toponimia de Beade

Este traballo de recompilación sobre a Toponimia da nosa parroquia realizado no curso 2011, foi recuperado recentemente polo Concello para formar parte dun traballo máis amplo sobre os topónimos de VIGO



  


Se queres velo preme aquí.


miércoles, 21 de noviembre de 2012

Degustación de Postres no día do Samaín

O 31 de Outubro realizamos a degustación de postres realizados todos eles con CABAZA


Aquí tedes unha pequena mostra:












Apetitoso eh!

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!

sábado, 27 de octubre de 2012

SAMAÍN; CONCURSO DE CABAZAS



Este ano o concurso de Cabazas foi todo un éxito; tanto pola cantidade de participantes como pola creatividade das vosas cabazas. 
Noraboa e grazas!! 


Aquí tedes este vídeo onde aparece unha mostra do voso traballo: 






E, tras a votación do xurado, composto polos delegados das aulas, os gañadores/-as deste curso 2012 foron: 



1º Premio: Uxía de 6º de Primaria.


    


        


2º Premio: Adara de 1º de Primaria.






 
3º Premio: Nerea de 6º de Primaria.












miércoles, 17 de octubre de 2012

O SAMAÍN


Aproxímase o Samaín e por iso .....  




  • CONCURSO DE CABAZAS:
Durante a semana do 22 ao 26 de OUTUBRO os alumnos/-as que
o desexen poderán traer as cabazas decoradas para participar no Concurso.



  • RECOMPILACIÓN DE RECEITAS: 
As familias que coñecedes receitas que se elaboran con cabaza, podedes redatalas cos vosos fillos/-as e entregalas no centro (ás titoras) para facer unha exposición.
  • DEGUSTACIÓN DE PLATOS:
O mércores 31 de Outubro, durante o recreo, degustaremos os postres e outros pratos (agás soupas e similares) que os alumnos traian de casa elaborados todos eles con Cabaza.






PREPARANDO O TEATRO


      Tendo en conta o bo resultado do curso pasado decidimos continuar co traballo do teatro na equipa de ENL.

Un curso mais estamos a preparar varias obras que serán representadas no 3º Trimestre.


Éstas foron as elixidas:


  • A OUTRA HISTORIA DA CARAPUCHIÑA


  • XAN O TROGLODITA 






viernes, 28 de septiembre de 2012

Almanaque 2013


       Este curso, como en cursos anteriores, a Equipa de Normalización Lingüística quere levar a cabo a realización do almanaque do ano 2013. Nesta ocasión escollimos para o traballo os monumentos ou construcións máis salientables de Galiza.

      Con tal motivo, pedimos a axuda de todos/as as titoras e repartimos deste xeito os distintos monumentos, así tedes que engadir ás vosas creacións o nome do curso e do obxecto en  cuestión.


  • E.I. 3 anos A : Ponde de Rande.
  • E.I. 4 anos A e B: Praza de España de Vigo.
  • E.I. 5 anos A e B: O Sireno
  • 1º : Combarro
  • 2º A: Castelo de Soutomaior ou Vilasobroso.(A escoller)
  • 2º B: Santa Tegra.
  • 3º A: Torre de Hércules.
  • 3º B: Catedral de Santiago.
  • 4º A: Castro de Baroña.
  • 4º B: Pallozas dos Ancares.
  • 5º A: Muralla de Lugo.
  • 5º B: Ponte romana de Ourense.
  • 6º : Portada.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Comezamos o curso 2012-13


Para comezar, temos aquí a planificación do curso 2012-13:





Publicacións do curso 2011-12


Deixamos aquí unha mostra das publicacións realizadas no curso 2011-12

  • Calendario Escolar:  os nenos e nenas do centro investigaron sobre a fauna autóctona de Galicia para despois elaborar o Calendario do 2012.




  • Revista Papaventos 2012.