lunes, 4 de abril de 2011

Contacontos

O pasado xoves 31 de marzo, os rapaces e rapazas do colexio tivemos unha visita moi especial. Tratouse dunha parella de avós que viñeron contarnos historias coas que o pasamos xenial.
O avó Xosé, contounos historias de cando era pequeno, rímonos moito cos seus chistes e rematou falándonos da reconquista de Vigo.
Pola súa banda a avoa Laura, recitounos uns poemas que traía preparados para nós, e rematou cantándonos unhas panxoliñas.


Grazas aos dous !

No hay comentarios:

Publicar un comentario